logo Museo da Terra de Melide
INICIO | FOTOS | VISITA VIRTUAL
logo1

O Museo nace no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudo, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide. Instálase no baixo do Concello, na Biblioteca Municipal, cunha mostra de arqueoloxía castrexa e facendo cada verán exposicións de etnografía. Despois de catro anos, os fondos aumentaban e reclamaban máis espazo, polo que en 1982 se traslada a unha casa na que se instalan dúas salas.

No ano 1999, o Museo esixía unha total renovación e ampliación, pois o pequeno local era insuficiente. Foi así como en reunión de socios se aprobou a adquisición do antigo hospital de peregrinos, edificando nel o novo Museo e rehabilitando a súa fachada e a súa memoria histórica. A operación de subscrición popular tivo un grande éxito, implicándose socios, veciños, institucións e moitos particulares. O 26 de maio de 2001 inaugúrase o novo Museo. A xente de Melide considérao como unha institución de todos onde se garda a nosa memoria histórica e cultural. Ese é o grande éxito deste Museo construído polo pobo e para o pobo.

 
fachada

Sala 1: Fotografías dos monumentos do Camiño de Santiago. Maqueta onde se localizan os monumentos da Terra de Melide. Capiteis medievais e sartegos funerarios. Pintura mural. Historia do Hospital de Peregrinos de Sancti Spiritus. Sala de usos múltiples

Sala 2: Neolítico. Idade do Bronce

Sala 3: Achados do Castro da Graña, Toques e da vila romana do Piñor. Tesouriño de moedas de Sobrado. Colección de moedas e reloxos

Sala 4: Oficios tradicionais: a forxa do ferreiro, o carpinteiro, o zapateiro, o zoqueiro

Sala 5: Apeiros do agro e do telleiro. A escola antiga e o xoguete. Barbeiro. A música na Terra de Melide

Sala 6: O tecido: o liño e a la

Sala 7: A casa

Sala 8: Biblioteca e arquivo. Publicacións. Obradoiro de restauración

H O R A R I O
 

11,30-13,30/ 17,00-19,00 h
domingos 11,00-14,00 h
festivos pechado
museomelide@telefonica.net

Praza do Convento - 15800 Melide (A Coruña)
Tel. 981 50 79 98


 
Colabora no mantemento, apertura e publicacións
deputacion da coruña

xunta

 
Esta páxina web en galego
tivo unha axuda da Xunta de Galicia
 
Webmaster - Xaniño.net